miércoles, 13 de enero de 2016

Tarea Integrada UD 3


Investigación

2 puntos
Aproveita o tempo en clase.
Non levo a cabo a tarefa nas sesións propostas.
A tarefa quedou moi incompleta.
Levei a cabo a tarefa na sesión proposta pero quedou algo incompleta.
Realicei a tarefa aproveitando o tempo estipulado. A tarefa está bastante completa.
Realicei a tarefa aproveitando ao máximo o tempo estipulado. A tarefa está moi completa.
Investiga, comprende.
Non sei buscar información ou selecciono información que non é pertinente.
Busco e selecciono información, pero non a organizo ou estruturo.
Busco, selecciono e organizo correctamente a información.
Busco, selecciono e organizo a información, elaborando ao final unha síntese propia.

Presentación

6 puntos
Redacta coas túas palabras, non copies.
A redacción non é de elaboración propia.
A redacción é propia, mais presenta problemas de coherencia e adecuación.
A redacción é propia, emprego estruturas sinxelas pero coherentes e adecuadas.
A redacción e propia e emprego estruturas complexas cohesionadas, coherentes e adecuadas.
Cita as fontes

Non cito as fontes.
Non cito todas as fontes ou as que cito non son pertinentes.
Cito todas as fontes, ademais son fiables e pertinentes.
Emprego fontes fiables e pertinentes e ademais especifico para que empreguei cada unha delas.
Non deixes ningún apartado sen facer
A presentación non recolle moitos apartados obrigatorios.
A presentación recolle todos os apartados obrigatorios pero non afonda nos contidos.
A presentación recolle todos os apartados obrigatorios pero non responde a criterios de claridade e de calidade .
A presentación recolle todos os apartados obrigatorios e responde a criterios de claridade e de calidade estética.

Exposición

3 puntos
Expresa as ideas claramente

Sen estrutura e cohesión no discurso.
Falta claridade e coherencia no discurso, non utilizo o vocabulario adecuadamente.
Teño claras as ideas principais e as expreso correctamente.
Transmito con claridade a mensaxe e manexo o vocabulario adecuadamente.
Profundiza nos contidos
Non hai relación entre os contidos do tema e a exposición.
Hai apartados nos que non chego a afondar.
Afondo na maioría dos apartados.
Afondo nos contidos e domino o tema.
Fala con seguridade
Posición e xestos inadecuados. Preciso ler o empregar guión de apoio.
Fago esforzos por comunicarme sen guión pero non logro manter a mirada e chegar coa voz.
Comunico  a información e escoitáseme claramente.
Escoitáseme claramente e utilizo recursos comunicativos non verbais  (mirada e xestos) adecuados para enriquecer a mensaxe oral.

No hay comentarios:

Publicar un comentario